HomeA CoruñaO Grupo Municipal Socialista denuncia a nefasta xestión económica do Goberno de...

O Grupo Municipal Socialista denuncia a nefasta xestión económica do Goberno de Sanmartín e esixe un plan de choque inmediato

- Anuncio -spot_img

Marta Abal alerta dunha situación económica “insostible” en Santiago, onde facturas do transporte público permanecen bloqueadas e a débeda acumulada alcanza cifras récord, reclamando un plan de choque inmediato para poñer orde nas contas municipais.
Santiago de Compostela,15 de setembro de 2025. A concelleira socialista, Marta Abal, vén de denunciar que, malia contar co maior número de cargos directivos da historia, o Goberno de Goretti Sanmartín ofrece os peores datos de xestión económica dos últimos anos no Concello de Santiago.

Segundo explicou a concelleira socialista Marta Abal, actualmente “hai casi 3 millóns de euros en facturas do transporte público bloqueadas en pleno e, segundo o último dato oficial publicado, Santiago lidera o listado de concellos morosos”. Ademais, os últimos datos oficiais publicados sitúan a Santiago como o concello máis moroso de Galicia, con “case 13 millóns de euros” de débeda acumulada e un tempo de pago aos provedores que “tarda tres veces máis do permitido” segundo indica Abal.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista esixe a posta en marcha dun “plan de choque inmediato” que inclúa, entre outras medidas, “unha auditoría pública da débeda e dos contratos e un plan de pago aos proveedores priorizando servizos esenciais e pequenas e medianas empresas”, explicou a concelleira socialista.
“Santiago precisa un Goberno que xestione, non un Goberno que se dedique á propaganda. Hai que pagar o que se debe, planificar o que se contrata e garantir que cada euro se use con responsabilidade”, rematou Abal.

Publicacións Relacionadas