HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra este venres no Auditorio Municipal unha xornada...

O concello de Nigrán celebra este venres no Auditorio Municipal unha xornada conmotivo do “Día Mundial do Alzheimer”

- Anuncio -spot_img

A través de diferentes obradoiros e unha mesa informativa amosaranse actividades como as que se levan adiante no Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas, en Panxón

O Concello de Nigrán celebra este venres 19 de setembro a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal unha xornada adicada ao ‘Día Mundial do Alzheimer’ aberto a toda a persoa interesada, especialmente familias de persoas diagnosticadas con este trastorno ou similar. Así, a través de diferentes obradoiros e unha mesa informativa a cargo dunha experta, amosaranse actividades como as que se levan adiante no Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Nigrán, en Panxón, un servizo 100% público e gratuíto creado polo Concello de Nigrán no ano 2016 e xestionado pola concesionaria AFAGA, quen organiza a devandita xornada.

O alcalde de Nigrán, Juan González, e o presidente de AFAGA Alzheimer, Juan Carlos Bernárdez, serán os encargados de inaugurar as xornadas para, a continuación, Teatro do Ar ofrecer a representación ‘Amigos de Sempre’, unha obra na que se aborda o proceso desta enfermidade. Despois, Miguel Alexandre Vázquez, técnico superior en actividades físicas e deportivas, dirixirá un obradoiro ao respecto e, finalmente, Ignacio Crespo Neustadt impartirá un obradoiro de musicoterapia, achegando aos asistentes a este enfoque terapéutico non farmacolóxico que utiliza a música para estimular a memoria e as conexións sociais en persoas con Alzheimer. A psicóloga Ángela Estévez Dopazo estará toda a tarde na mesa informativa responden a todas as cuestións que se lle plantexen.

“Básicamente queremos quitar o estigma que todavía leva consigo o Alzheimer e animar as familias a que asistan e coñezan como se traballa no Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Nigrán, 100% público e gratuíto e con plazas dispoñibles”, explica María Mayán, edil de Maiores.

Publicacións Relacionadas