HomeVigoMosO Castro British International School renova a súa Bandeira Verde como ecoescola...

O Castro British International School renova a súa Bandeira Verde como ecoescola referente en Mos

- Anuncio -spot_img

O Castro British International School, situado en Mos, vén de renovar a súa Bandeira Verde de Ecoescuelas, un recoñecemento internacional que distingue aos centros educativos polo seu compromiso coa sostibilidade, a educación ambiental e a mellora continua no coidado do medio.

No acto estivo presente a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Mos, Laura Méndez, quen felicitou á comunidade educativa “polo traballo en equipo, a constancia e o compromiso coa protección do entorno”.

Durante a cerimonia de izado da Bandeira Verde, o Comité Ecolóxico do colexio foi o protagonista: o alumnado explicou as accións desenvolvidas nos últimos meses e compartiu cos presentes os seus plans de futuro, demostrando unha vez máis o seu liderado e entusiasmo.

O Castro British International School conseguiu por primeira vez a Bandeira Verde no ano 2022, tras tres anos dentro do programa Ecoescuelas da ADEAC. Desde entón, mantén viva a súa aposta pola redución do consumo enerxético e da produción de residuos, pola promoción de hábitos de vida saudable e pola implicación activa do seu Eco Comité, que lidera iniciativas de sensibilización dentro e fóra das aulas.

A súa ampla zona verde é tamén un espazo fundamental de aprendizaxe e convivencia, coidado con esmero pola comunidade escolar e convertido nun símbolo do compromiso ambiental do centro.

Con esta renovación, O Castro British International School reafírmase como referente no ensino sostible, ao tempo que Mos consolida o seu papel como municipio comprometido co respecto ao medio ambiente e coa educación das novas xeracións en valores de sustentabilidade.

Publicacións Relacionadas