HomePontevedraDiego Calvo asiste á recepción oficial do Buque Escola B.A.P Unión do...

Diego Calvo asiste á recepción oficial do Buque Escola B.A.P Unión do Perú na súa escala en Vigo

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na recepción oficial a bordo do Buque Escola B.A.P. Unión, buque de instrución da Marina de Guerra do Perú no marco da súa participación na Viaxe de Instrución ao Estranxeiro (Viex-2025). No acto, destacou que esta embarcación é “un dos mellores embaixadores de Perú amosando a súa historia e cultura nos distintos portos do mundo que visita” e, no caso de Galicia, polos lazos históricos que unen a comunidade galega e o país peruano e a importante presenza de persoas do Perú en Galicia, sobre todo en localidades pesqueiras.

Por iso, lembrou que que O Perú é un país estratéxico para a cooperación galega, sobre todo en ámbitos como o emprendemento e o desenvolvemento pesqueiro e acuícola, como o recente convenio formalizado coa Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) para a execución do proxecto Mulleres, Acuicultura e Reforzo Institucional para o desenvolvemento sostible da economía azul na rexión de Piura.

Publicacións Relacionadas