HomeA CoruñaAlternativa urxe novamente as beirarrúas da avenida de Alvedro

Alternativa urxe novamente as beirarrúas da avenida de Alvedro

- Anuncio -spot_img

A reconstrucción das beirarrúas na N-550 ao seu paso por Alvedro, así como a humanización da súa contorna, foron acordadas polo pleno a proposta de Alternativa

Os concelleiros de Alternativa están a insistir constantemente na necesidade de acometer esta obra, amosándose partidarios de extendela tamén ata a rotonda que da acceso ao polígono industrial dende N-550.

“Agora estamos satisfeitos de que se estea a traballar na dirección de facer máis integral a actuación, pero seguiremos insistindo para que non se dilúa novamente no tempo”, afirma Thais Palla, voceira de Alternativa en Culleredo.  

Alternativa requirira inicialmente esta obra no 2019, chegando a un acordo de que que dita obra se acometería cos fondos Edusi ao longo do ano 2020; pero isto nunca aconteceu. O pasado mes de novembro aprobouse unha moción por unanimidade.

Publicacións Relacionadas