HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca o programa Consolida+ da rede Eusumo como ferramenta clave...

A Xunta destaca o programa Consolida+ da rede Eusumo como ferramenta clave para incrementar a competitividade das cooperativas galegas

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na clausura do acto de presentación dos resultados do programa Consolida+, levado a cabo pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco da Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia. Mariño puxo de manifesto o labor de acompañamento e asesoramento que presta Consolida+ para fortalecer o cooperativismo galego e destacou o seu papel á hora de mellorar a viabilidade, o emprego e as condicións laborais nas cooperativas participantes.

O programa, que contou con 750 horas de asesoramento, ofrece apoio gratuíto en procesos de diagnose, planificación e implementación de medidas de mellora en áreas comerciais, organizativas, económicas e financeiras. Ademais, as cooperativas dispoñen dun recurso formativo en liña sobre ferramentas básicas de xestión cooperativa, co que reforzan os coñecementos recibidos. Así mesmo, a directora xeral salientou a función dinamizadora que xoga a Rede Eusumo –impulsada polo Executivo autonómico e que conta actualmente con máis dun cento de entidades adheridas— para visibilizar e consolidar as iniciativas de base social, fomentar o espírito emprendedor e prestar apoio directo á creación e consolidación de emprego con base nestas fórmulas de negocio a través de actividades e programas como Consolida+.

Publicacións Relacionadas