HomeA CoruñaO embaixador de Palestina visitará o Concello de Oleiros este venres

O embaixador de Palestina visitará o Concello de Oleiros este venres

- Anuncio -spot_img

Con motivo do ciclo de cine euroárabe que se organiza esta fin de semana na Fábrica, o embaixador de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, acudirá en visita oficial ao Concello de Oleiros. Antes de presidir xunto co alcalde e co presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber, o acto de inauguración da mostra AMAL X PALESTINA (venres 19, ás 20:00 h), o máximo representante palestino en España será recibido oficialmente polo alcalde, Ángel García Seoane, na Casa do Concello. Posteriormente está prevista unha visita á rúa Yasser Arafat, en Santa Cruz, inaugurada o pasado mes de marzo.

Ademais da relevancia internacional da mostra de cine que vai albergar A Fábrica, a visita do embaixador é unha expresión de afectuosidade e agradecemento ao Concello de Oleiros pola campaña permanente en defensa da liberdade do pobo palestino. Durante as última décadas, o Goberno municipal realizou constantes campañas informativas, accións reivindicativas, programas de cooperación, nomenclatura de espazos públicos, declaracións institucionais, manifestacións públicas, actos oficiais… en defensa da nobre causa palestina.

É unha honra inmensa que nun momento que pasará á historia da humanidade polo posicionamento adoptado ante o atroz xenocidio perpetrado polo Goberno terrorista de Israel, o pobo de Oleiros sexa recoñecido polo seu compromiso coa paz e cos dereitos humanos coa visita do embaixador palestino en España.

A primeira sesión de AMAL X PALESTINA será o venres, 19 de setembro, coa película “The Teacher” ás 20:00 horas; o sábado, 20 de setembro, proxectarase a ficción “To a Land Unknown” ás 20:00 horas; e o domingo, 21 de setembro, a xornada contará coa proxección do documental “Bye Bye Tiberias” ás 12:00 horas; todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.

O acceso a todas as proxeccións é libre e gratuíto. A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Oleiros organizan esta actividade.

Publicacións Relacionadas