HomePontevedraCaldasO concello de Caldas de Reis renovará o Camiño da Riba, en...

O concello de Caldas de Reis renovará o Camiño da Riba, en Godos, cun orzamento de máis de 66.000 euros

- Anuncio -spot_img

 O proxecto contempla a renovación do pavimento, actualmente moi deteriorado, e a ampliación da rede de augas pluviais


 O alcalde, Jacobo Pérez, lembra que a actuación segue a folla de ruta establecida polo Goberno local no que se refire á mellora de instalacións e infraestruturas públicas, especialmente no rural

O Concello de Caldas de Reis está a ultimar a contratación para levar a cabo a rehabilitación integral do Camiño da Riba, pertentence á parroquia de Godos. Trátase dunha actuación que contará cun orzamento que ascende a un total de 66.476,50 euros, IVE engadido, e que proximamente será adxudicado. O alcalde, Jacobo Pérez, explica que esta actuación segue a folla de ruta pola que aposta o Goberno local, á hora de impulsar a mellora de instalacións e infraestruturas públicas.

En concreto, estas obras teñen como fin reforzar a seguridade viaria e garantir unha maior comodidade tanto para tránsito peonil como de vehículos.

Actualmente, o firme do camiño, que é moi utilizado pola veciñanza, atópase nun evidente estado de deterioro. A través deste proxecto, o Concello procederá á renovación do pavimento, que contará cunha nova capa de rodadura. A maiores, a actuación inclúe o reforzo de servizos básicos. Deste xeito, a empresa adxudicataria procederá tamén a instalar un novo tramo de rede de augas pluviais, ata a conexión xa existente na zona. O prazo de execución dos traballos está estimado en dous meses. O proxecto conta cunha subvención obtida a través do Plan Camiña Rural, correspondente á convocatoria 2025-2026, promovido pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Jacobo Pérez salienta a importancia de continuar promovendo proxectos que melloren as infraestruturas e o servizos no rural, para potenciar a calidade de vida da veciñanza.

Publicacións Relacionadas