HomePontevedraDomínguez comprométese cos veciños de Bora a esixir ao BNG que cumpra...

Domínguez comprométese cos veciños de Bora a esixir ao BNG que cumpra as súas demandas

- Anuncio -spot_img

• O presidente do PP esixe a dotación de novos contedores, asfaltado de estradas, roza de cunetas, parques infantís, mobiliario público, limpeza e recuperación de lavadoiros e fontes públicas, transporte público real nas parroquias e a ampliación dos núcleos de poboación do PXOM

• Os populares insisten no abandono de funcións do alcalde e dos concelleiros do BNG, que desatenden reiteradamente as peticións dos veciños do rural

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, renovou as visitas semanais polas parroquias cunha nova parada este luns en Bora.

O líder do partido máis votado da cidade continúa escoitando as principais demandas veciñais dos pontevedreses para tratar de presionar ao goberno local nas súas xustas reivindicacións e, en caso de obter a calada por resposta, como habitualmente sucede no seo nacionalista, sumalas á listaxe de temas pendentes de resolver para cando chegue á alcaldía en 2027: “As parroquias de Pontevedra pagan os mesmos impostos pero non reciben absolutamente ningún servizo do BNG. Eu serei un alcalde que se reúna cos veciños, que busque solucións entre todos e non que se esconda no despacho como Lores”.

Entre as peticións dos veciños e veciñas de Bora, Domínguez destacou os problemas de accesibilidade e saneamento dos lugares de Leirados, Ou Teso e A Corbal. Nesta última zona existe un pequeno tramo do vial que é “impracticable”, o que imposibilita o acceso cun vehículo aos usuarios da Comunidade de Montes de Castro-Lampán, a Comunidade de Augas, aos veciños para o mantemento das súas propiedades e aos propietarios das vivendas aos que non lles vai o carteiro, o panadeiro, a ambulancia ou os bombeiros por non estar acondicionado o camiño de acceso.

Doutra banda, o líder dos populares de Pontevedra esixiu novos contedores de lixo, o asfaltado de varias estradas municipais, a roza de cunetas, a dotación de parques infantís e biosaudables, o acondicionamento dos accesos ao cemiterio, a reposición das tapas dos sumidoiros, a instalación de mobiliario público, a limpeza e recuperación dos lavadoiros e fontes públicas, a incorporación dun transporte público real e contemplar a ampliación dos núcleos de poboación no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Domínguez tamén atendeu a demanda da coordinadora de Bora para adecuar o antigo palco da festa e a rehabilitación pendente do colexio para convertelo nun local social. Noutra orde de cousas, compartiu cos veciños a necesidade de emendar as deficiencias do cruceiro do atrio, que conserva a base e o fuste, pero ao que lle falta a cruz.

Por todo iso, o presidente do PP esixiu ao alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores e aos concelleiros do goberno local do BNG que “deixen o seu abandono de funcións habitual e póñanse as pilas para emendar as deficiencias que acumulan, desde hai décadas, na parroquia de Bora e no resto do rural de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas