A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, día 18 de setembro, ás 13.30 horas no salón de plenos para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 16 asuntos na súa orde do día.
Licenzas (9). Tres proxectos básicos e de execución para a instalación de ascensores: no CEIP Virxe de Covadonga, nun edificio na Praza 500 e noutro na rúa Río Tuño; dúas solicitudes de declaración de innecesariedade de licenza de segregación: dunha parcela na rúa Martínez Sueiro e dun predio na Avenida das Caldas; dúas licenzas: para a remodelación dun baixo comercial para o seu uso como vivenda na rúa Roi Páez e para a modificación dunha das fases das obras de rehabilitación e ampliación de dous edificios na rúa do Progreso; e dous proxectos de demolición: dun edificio na Avenida de Bos Aires e da Casa Diocesana de Exercicios “Santa Maria Nai”, no Seminario.
Patrimonio (3). Dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial e unha solicitude de autorización para a ocupación dunha porción de terreo nunha parcela no sector A-6.
Contratación (3). Aprobar, se procede, os expedientes para contratar o servizo de xestión integral do sistema centralizado de control de trafico, a renovación do mantemento do aplicativo Cividas, e a subministración en lotes da renovación e mantemento de diversas licenzas de software así como o mantemento e garantía de certos elementos de hardware do Concello de Ourense.
Xuventude (1). Convenio entre o Concello de Ourense e a Asociación Xuvenil Amencer, regulador da subvención municipal para o Campamento Urbano.