HomeVigoNigránA empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar do concello de...

A empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar do concello de Nigrán busca persoal

- Anuncio -spot_img

Precísanse traballadores tras ter iniciado o Concello de Nigrán o contrato máis custoso da Historia para dar cobertura á totalidade de grandes dependentes de aquí a catro anos

O Concello de Nigrán informa que a nova empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Nigrán, Attende Care S.L, busca persoal titulado para desenvolver esta labora no termo municipal de Nigrán ante o aumento do número de beneficiarios.

As persoas interesadas deben ter formación de FP en Auxiliar de Enfermería ou Certificado de Profesionalidad en Atención Sociosanitaria a Personas en el Domicilio ou similar, ademáis de dispor de carné e vehículo propio. Segundo informa a empresa, o salario será o establecido según convenio e o tipo de contrato pode ser a xornada completa ou parcial, ben para cobertura de baixas ou vacacións ou novas altas de usuarios, sendo preciso a dispoñibilidade en fins de semana e festivos. As persoas que desexen optar a esta oferta deben enviar o seu C.V. antes do 30 de setembro ao mail maria.fernandez.cid@attende-care.com. A incoporación sería inmediata.

O Concello de Nigrán conta desde este mes de agosto con nova empresa de xestión do Servicio de Axuda no Fogar (SAF) tras licitarse o contrato máis custoso da historia do Concello (de 580.000 €/ano a 1,5 millóns) co obxectivo precisamente de dar servizo a totalidade de grandes dependentes (grado 3) que hai actualmente e aos que poidan xurdir de aquí a 4 anos vista (periodo de vixencia máxima do contrato). “Formouse xente grazas ao obradoiro ‘Coidando Miñor’ desenvolvido desde os tres concellos pero aínda así, ante esta gran ampliación do SAF en Nigrán, precísase máis persoal”, explica o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas