HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece de outubro a decembro un curso de...

O concello de Nigrán ofrece de outubro a decembro un curso de compentencias dixitais gratuíto para crianzas

- Anuncio -spot_img

Están dirixidos a crianzas de 9 a 17 anos divididos en dous grupos de idade e terán lugar no Centro Antena un día á semana. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de setembro

O Concello de Nigrán, ao igual que fixo durante o verán, ofrece gratuítamente un novo curso de competencias dixitais para crianzas de 9 a 12 anos e de 13 a 17 anos encadrados no proxecto Cri-Tic que en Galicia desenvolve a Fundación Esplay. Estes terán lugar no Centro Antena (rúa Otero Pedrayo, 52) do 1 de outubro ao 17 de decembro os mércores de 17:30 a 19:30 horas para os máis pequenos e para os maiores os xoves no mesmo horario. A inscrición debe ser a través do teléfono 986366572 ou no mail centroantena@nigran.org ou acudindo alí presencialmente. O prazo está aberto ata o 23 de setembro ou ata cando se esgoten as 12 prazas dispoñibles por grupo, tendo prioridade aquelas crianzas que non o realizasen este verán. Os participantes aprenderán un uso responsable e consciente da tecnoloxía e RRSS, sobre ‘fake news’, programación e robótica educativa, intelixencia artificial (IA) e creatividade dixital, ciberseguridade e prevención do ciberacoso, realidade aumentada e realidade virtual, actividades lúdicas e lecer saudable… Ao finalizar recibirán un diploma acreditativo.

Publicacións Relacionadas