HomePontevedraRedondela pon en marcha unha campaña de voluntariado para o Programa de...

Redondela pon en marcha unha campaña de voluntariado para o Programa de Adopción Felina

- Anuncio -spot_img

Actualmente existen xa algunhas casas de acollida nas que persoas voluntarias se fan cargo dos animais abandonados mentres non son adoptados. Logo de dous anos de experiencia o concelleiro Roberto Villar advirte que se precisan máis voluntarios e voluntarias para que funcione mellor o programa “con máis casas de acollida e persoas que colaboren nos coidados dos animais no refuxio”.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade pon en marcha unha campaña de voluntariado para que persoas que teñan interese poidan colaborar no Programa de Adopción Felina como “casas de acollida” ou colaborando coas tarefas do refuxio municipal. O concelleiro Roberto Villar explica que, a día de hoxe, xa hai un grupo de voluntarios e voluntarias que colaboran co programa, especialmente co coidado de crías abandonadas.

Redondela está agora implementando a terceira fase do Programa de Adopción felina, un proxecto que comezou no 2023, “e xa consolidamos tanto a recollida de animais na rúa como a asistencia veterinaria e o programa de adopción”, sinala Villar. Actualmente existen xa algunhas casas de acollida no que persoas voluntarias se fan cargo dos animais abandonados mentres non son adoptados. A día de hoxe o traballa na construción dun pequeno refuxio, “coa experiencia que acumulamos estes dous anos sabemos que precisamos máis voluntarios e voluntarias para que funcione mellor o programa, con máis casas de acollida e persoas que colaboren nos coidados no refuxio”. Villar amósase moi satisfeito cos resultados acadados ata o de agora e confía en que máis xente se anima a colaborar “para darlle unha segunda oportunidade a estes animais”. Quen queira formar parte do voluntariado tan só ten que inscribirse no Concello ou no teléfono 604 044 165 e colaborar “na medida das súas posibilidades”.

Nos vindeiros meses porase en marcha unha cuarta fase do programa que será a campaña de voluntariado para o rescate de animais feridos na rúa.

O Programa de Adopción Felina non se limita a atender animais abandonados e buscarlles un fogar, senón que pretende concienciar á sociedade contra o abandono animal e a obrigatoriedade de esterilizar ás mascotas. Recalcar que antes de levar un animal a casa é fundamental reflexionar sobre o tempo que hai que dedicarlles, os recursos económicos que requiren e o espazo dispoñible para eles. Villar solicita a colaboración cidadá na protección dos dereitos dos animais e na promoción dunha cultura de respecto e coidado cara a eles.

Publicacións Relacionadas