• A cita é o 25 de outubro a partir das 20:00 horas no Pavillón Municipal, onde se disputarán máis de dez combates entre boxeo amateur e neoprofesional, onde o combate estrela correra a cargo do boxeador arbense Dani Castro, un cartel preparado para ofrecer espectáculo, técnica e esforzo.
Arbo prepárase para unha velada deportiva que promete ser memorable no ámbito do boxeo. A cita é o 25 de outubro a partir das 20:00 horas no Pavillón Municipal, onde se disputarán máis de dez combates entre boxeo amateur e neoprofesional nun evento que busca consolidar esta disciplina na comunidade.
O evento, organizado polo Club Deportivo SAGABOX de Vigo, coa Colaboración do Concello de Arbo e outros locais comerciais arbenses, ten como principal atractivo a participación do campión local Dani Castro, quen foi fundamental na promoción e popularización deste deporte en Arbo.
Desde a súa primeira participación en 2016, Dani Castro demostrou un compromiso constante co seu desenvolvemento e progreso na disciplina. O boxeador, natural de Arbo, debutou no escenario competitivo en Ponteareas no ano 2016, iniciando así unha carreira que hoxe abarca un total de 32 combates, dos cales ha logrando unha vitoria en 25 ocasións, o que reflicte a súa constancia e calidade na disciplina. Dani Castro desempéñase na categoría Welter, correspondente a menos de 67 quilos, unha división que require non só forza senón tamén precisión técnica e disciplina.
A xornada da velada será unha oportunidade para apoiar e consolidar o interese polo boxeo en Arbo. A situación actual do deporte en Arbo tivo un notable crecemento nos últimos anos, e eventos como este reforzan a súa presenza na comunidade, ademais de incentivar a práctica e a afección entre as novas xeracións.
Dani Castro, figura do boxeo local, foi fundamental na creación e fortalecemento da afección “O boxeo en Arbo creceu, e quero seguir motivando aos mozos para manterse activos e a crer nas súas capacidades. O boxeo continúa o seu camiño de desenvolvemento e recoñecemento, e este evento representa un paso importante cara á consolidación da disciplina. Todos e todas están convidad@s a ser parte desta noite chea de intensidade e paixón deportiva, que promete deixar con ganas de máis” afirmou Castro.
O papel de Dani Castro como referente foi clave para elevar o nivel e a visibilidade do deporte. O calendario do evento contempla unha noite chea de acción, con combates que demostrarán o esforzo e a dedicación de cada un dos atletas participantes.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, afirmou “A importancia de eventos como este para fortalecer a identidade deportiva de Arbo, promovendo valores como a disciplina, o esforzo e o respecto. Ademais o rexedor arbense destacou “a influencia positiva que ten o deporte na vida dos mozos e salientou que “a participación e o apoio do público son fundamentais para que estes deportistas poidan seguir crecendo e alcanzando as súas metas e agradece a Dani, o gran labor que esta realizando”.
Non hai dúbida de que as expectativas son altas e que a velada do 25 de outubro en Arbo será un referente na axenda deportiva do municipio. A combinación de talento local, organización e entusiasmo asegura unha noite chea de emocións que quedará na memoria de todos os asistentes.
O Concello de Arbo, convida a encher as instalacións do Pavillón Municipal e ser parte desta celebración deportiva que, sen dúbida, deixará pegada na historia deportiva do municipio.