A duodécima edición celébrase esta fin de semana no Pazo da Cultura e congregará a uns 150 profesionais do sector.
O Concello de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra volven a colaborar, un ano máis, na celebración do XII Congreso Vetnoroeste que se celebra mañá, 19 de setembro e o sábado, día 20 no Pazo da Cultura. Nesta edición o congreso virará en torno ao concepto One Health baixo o lema “Coidándoos, coidámonos” e recalcando que a través do coidado da saúde animal protéxese a saúde humana.
Mañá pola mañá celebraranse dous talleres antes congreso sobre citoloxía cutánea práctica impartida por Juan Francisco Sánchez Cárdenas e sobre IA aplicada á práctica clínica impartida por Germán Quintana. En horario de tarde inaugurarase o congreso co relatorio “Diabetes Felina” impartida por Carlos Melián, Doutor en Veterinaria e presidente do Comité Científico Vetpartners España.
Durante o Congreso exporanse 13 charlas impartidas por 9 relatores de recoñecido prestixio no Veterinario.
O Congreso pecharase cunha mesa redonda sobre o medicamento veterinario e as consecuencias que tivo para a profesión a entrada en vigor do Real Decreto 666/2023 polo que se regula a distribución, prescrición, dispensación e uso de medicamentos veterinarios, cun incremento de tarefas administrativas e burocráticas e unha restrición da actividade profesional referida á disposición de tratamentos efectivos sobre todo no sector das mascotas.
Complétase cunhas xornadas de formación continuada para ATVs que se celebrarán o sábado pola tarde.
Durante a celebración do Congreso haberá unha exposición comercial no vestíbulo do Auditorio na que diversas empresas do sector presentarán as súas novidades tecnolóxicas e de produtos veterinarios.
Espérase que entre congresistas e patrocinadores un total de 150 persoas vinculadas coa profesión veterinaria.