As Escolas de atletismo do ADN (Atletismo de Nigrán) 2025/2026 abriron o seu prazo de inscrición para tódolos nenos e nenas que queiran practicar atletismo. O lugar de adestramento será no pavillón de Panxón e o proxecto ten como obxetivo principal inculcar hábitos saudábeis , fomento do desenvolvemento persoal, ampliar as habilidades sociais dos rapaces , aumentar autoestima e aprender as técnicas atléticas das distintas disciplinas que compoñen o atletismo, pero sempre baixo un prisma lúdico que é o que debe primar nestas idades de formación. A oferta vai encamiñada a tódolos nenos e nenas nados desde o 2019. O grupo atlético actual está composto por unha corentena de atletas. O teléfono de contacto é o 633491900.