HomeOurenseOurenseO Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia exploran vías de colaboración...

O Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia exploran vías de colaboración para a mellora do espazo público da cidade

- Anuncio -spot_img

O alcalde Gonzalo Jácome recibiu o presidente da entidade, Luciano González e a presidenta da súa delegación en Ourense, Emma Noriega

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo, Francisco Lorenzo, recibiron esta mañá no Concello o presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano González Alfaya e a presidenta da delegación de Ourense, Emma Noriega García.

A reunión tiña como obxectivo “reforzar os vínculos do Colexio de Arquitectos de Galicia co Concello de Ourense sobre todo para poñer en marcha actividades que teñan que ver coa difusión, a divulgación e a mellora da arquitectura e do espazo público na cidade”, manifestou o presidente da entidade, Luciano González. Entre estas, avanzou a posibilidade convocar concursos de arquitectura que melloren algúns espazos públicos, lembrando que o COAG conta cunha ampla experiencia e unha oficina propia para  poñelos en marcha. Unha proposta que foi ben recibida, dixo, desde a Alcaldía.

González Alfaya trasladoulle tamén a Pérez Jácome o interese do colectivo que preside na evolución do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ao tempo que lle ofreceu “o noso apoio para que poida ser unha realidade no menor prazo posible”, xa que o documento “garantirá a seguridade xurídica para poder seguir desenvolvendo arquitectura nesta cidade”. Na xuntanza tamén se abordou o compromiso que as dúas entidades comparten coa “preservación do patrimonio e a mellora da cidade histórica de Ourense, que é sen dúbida unha referencia”, aseverou González Alfaya.

Publicacións Relacionadas