HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 16 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 16 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 16 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (9). Concedeu 5 licenzas de obra: para a execución, por parte da Xunta de Galicia, do proxecto de instalación dun ascensor no CEIP Virxe de Covadonga; para a remodelación como vivenda dun baixo comercial na rúa Roi Páez, para a modificación dunha das fases das obras de rehabilitación e ampliación de dous edificios na rúa do Progreso; e para a execución de dous proxectos de demolición: dun edificio na Avenida de Bos Aires e da Casa Diocesana de Exercicios “Santa Maria Nai”, na rúa do Seminario. Tamén acordou denegar as solicitudes de licenza para dous proxectos de instalación de ascensores: nun edificio na Praza 500 e noutro na rúa Río Tuño, e estimar dúas solicitudes de declaración de innecesariedade de licenza de segregación: dunha parcela na rúa Martínez Sueiro e dun predio na Avenida das Caldas;

Patrimonio (3). Desestimou unha reclamación de responsabilidade patrimonial e inadmitiu outra, e outorgou autorización para a ocupación dunha porción de terreo nunha parcela no sector A-6.

Contratación (3). Aprobou os expedientes para contratar o servizo de xestión integral do sistema centralizado de control de trafico, a renovación do mantemento do aplicativo Cividas, e a subministración en lotes da renovación e mantemento de diversas licenzas de software así como o mantemento e garantía de certos elementos de hardware do Concello.

Xuventude (1). Aprobou o convenio entre o Concello de Ourense e a Asociación Xuvenil Amencer, regulador da subvención municipal para gastos das actividades do Campamento Urbano.

Publicacións Relacionadas