HomeA CoruñaO Concello de Oleiros inicia un novo programa de reforzo e apoio...

O Concello de Oleiros inicia un novo programa de reforzo e apoio educativo (PRAEMO) a finais de outubro para alumnado de primaria e secundaria

- Anuncio -spot_img

O programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros (PRAEMO) volverá a comezar a finais de outubro. Este programa educativo está dirixido ao alumnado de primaria e secundaria do concello.

Os obxectivos do PRAEMO son previr o fracaso escolar, reducir e previr o absentismo, apoiar ás familiar fóra dos horarios propiamente lectivos, apoiar ao alumnado no avance e desenvolvemento dos seus estudos, promover hábitos e técnicas de estudo e reforzar as aprendizaxes realizadas nas escolas e institutos.

O programa comezará a semana do 20 de outubro e rematará a semana do 16de xuño nos correspondentes centros culturais municipais co seguinte horario semanal:

SANTA CRUZ CENTRO CÍVICO
Primaria: Luns, de 17:00 a 19:00h
ESO: Mércores, de 18:15 a 20:15h

NÓS CASA DO POBO
Primaria: Luns, de 17:00 a 19:00h
ESO: Xoves, de 18:00 a 20:00h

MERA CENTRO SOCIAL A LAGOA, MAIANCA
Primaria: Xoves, de 17:00 a 19:00h
ESO: Venres, de 17:00 a 19:00h

PERILLO CASA DA CULTURA
Primaria: Martes, de 17:00 a 19:00h
ESO: Venres, de 18:00 a 20:00h

O prazo de pre-inscrición estará aberto ata o 15 de outubro, entregando a ficha de inscrición cuberta e asinada nas oficinas da Concellería de Ensino e Xuventude (Centro Cultural A Fábrica-Rúa do Inglés, 13), ou remitíndoa a través do correo electrónico ensino@oleiros.org.

O prezo da actividade é de 10,00€ ao mes.

Máis información na área de ensino na Fábrica.

Publicacións Relacionadas