HomeXunta de GaliciaO Grupo Operativo de Actividade Subacuática da unidade de Policía Nacional adscrita...

O Grupo Operativo de Actividade Subacuática da unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia recibe a medalla de prata ao mérito policial en Valencia pola súa participación tras a DINA

- Anuncio -spot_img

O comisario xefe da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), Jorge Rubal, acompañou hoxe ao Grupo Operativo de Actividade Subacuática (GOAS) da unidade ao acto de entrega de condecoracións e distincións ao mérito policial organizado en Valencia pola Generalitat Valenciana. Os seis efectivos do GOAS -un inspector e cinco axentes- recibiron de forma individual a Condecoración de Prata ao Mérito Policial polo seu traballo levado a cabo tras a DINA.  

Cómpre lembrar que a comezos do pasado novembro, o GOAS da UPA formou parte do operativo coordinado polo Goberno galego ao longo de dez días en apoio ás persoas afectadas. No caso dos buzos especializados do GOAS participaron, entre outras tarefas, na busca de persoas desaparecidas na desembocadura do río Turia e ao longo da costa, así como en edificios e instalacións subterráneas anegadas, ademais de traballar na retirada de obstáculos e escombros para facilitar o traballo doutros equipos de emerxencias e colaborar no reparto de material sanitario en varias localidades afectadas.

Publicacións Relacionadas