HomePontevedraO SalnésMinuto de Silencio por Palestina

Minuto de Silencio por Palestina

- Anuncio -spot_img

Bo día, Sanxenxo únese ao minuto de silencio en apoio a Gaza convocado pola Fegamp. Seguindo a convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), desde o BNG, PSOE e Podemos convocamos e participamos nun minuto de silencio en solidariedade co pobo palestino. Lamentamos que o PP, como órgano de goberno do Concello, non convocase nin estivese presente no acto, cando en municipios da nosa contorna, como O Grove, Vilagarcía ou A Illa de Arousa, foron os propios gobernos locais quen asumiron a convocatoria, amosando así o seu compromiso cos dereitos humanos. Durante o acto lembrouse que en Gaza se está a producir un xenocidio contra a poboación civil, sometida ao aniquilamento sistemático ás mans dun exército altamente cualificado e armado. Tamén puxemos en valor a misión humanitaria da Sumud Global Flotilla, que procura levar axuda ás persoas que sofren esta situación extrema, e reivindicamos a necesidade urxente de garantir o acceso da axuda humanitaria internacional. Desde os nosos grupos municipais reiteramos o noso compromiso coa paz, cos dereitos humanos e coa defensa das persoas inocentes, así como a nosa vontade de seguir apoiando todas aquelas iniciativas que contribúan á fin do xenocidio e á construción dun futuro xusto e en liberdade para Palestina.

Publicacións Relacionadas