HomeA CoruñaÚltima semana para inscribirse na carreira popular C10, que xa conta con...

Última semana para inscribirse na carreira popular C10, que xa conta con máis de 2.400 corredores/as

- Anuncio -spot_img

A proba disputarase o domingo 5 de outubro e repartirá 10.000 euros en premios

O domingo 5 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade, e que este ano realizará a súa décimo novena edición cun circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O vindeiro domingo, 28 de setembro, pecharase a inscrición da proba, que xa conta con máis de 2.400 corredores e corredoras apuntados.
“Desde o Goberno de Inés Rey celebramos a alta participación na mellor proba de 10 quilómetros de Galicia, que converterá á Coruña no epicentro das carreiras urbanas o vindeiro domingo 5”, indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.

As inscricións poden facerse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 28 ás 23:59 horas. A cota de inscrición é de 13 euros para quen realice a inscrición ata o venres 26 de setembro. Haberá un prazo extraordinario os días 27 e 28 de setembro cunha cota de inscrición de 20 euros. As inscricións presenciais poderanse facer no horario comercial do centro de El Corte Inglés (rúa de Ramón y Cajal).

Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta XIX Carrera Popular Coruña10 poderán participar atletas, con inscrición gratuíta, desde a categoría peques ata sub-18. A carreira ten un perfil practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. A saída e a meta estará situada en Porta Real e a proba terá un percorrido similar ao da última edición.

As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán distintos premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Haberá un total de 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras. Ademais, aquelas persoas participantes que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28’09”) como na feminina (31’40”) obterán un premio de 2.000 euros. O regulamento, así como todos os servizos que ofrece Coruña10, poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.

Publicacións Relacionadas