HomeLugoRueda supervisa en ferreira de Pantón a coordinación dos lumes activos en...

Rueda supervisa en ferreira de Pantón a coordinación dos lumes activos en Galicia

- Anuncio -spot_img

O presidente da Xunta de Galicia, acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, desprazouse hoxe ata o posto de mando avanzado de Ferreira de Pantón (Lugo) para coñecer de primeira man o dispositivo despregado e seguir a evolución dos incendios forestais que nestes momentos afectan á Comunidade.

O titular do Executivo galego interesouse pola coordinación dos distintos medios de extinción mobilizados e pola situación dos núcleos de poboación dos concellos de Pantón e Sober da contorna afectados polas lapas. Nestes momentos, continúan activos o incendios de Pantón-Pombeiro (2.000 ha), onde está decretada a Situación 2, e o da Fonsagrada-O Torbo (20 ha), mentres que está estabilizado e desactivada a Situación 2 no lume do Bolo-Vilaseco (250 ha).

A Xunta mantén activo o seguimento permanente da evolución destes lumes a través dos equipos técnicos e operativos despregados en toda Galicia.

Publicacións Relacionadas