HomeVigoNigránO concello de Nigrán repite o obradoiro de canto-terapia para mulleres "Con...

O concello de Nigrán repite o obradoiro de canto-terapia para mulleres “Con voz propia”

- Anuncio -spot_img

O prazo de inscrición está aberto do 22 de setembro ao 3 de outubro e o curso terá lugar no Auditorio Municipal os mércores de 10:00 a 13:00 ata o 3 de decembro

O Concello de Nigrán repite o obradoiro de canto con enfoque terapéutico ‘Con voz propia’, destinado a crear benestar e xerar cambios positivos nas mulleres. Por iso, ante o éxito do desenvolvido o ano pasado, pon en marcha a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) esta segunda edición, dirixido unha vez máis a mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar (non se precisa cantar “ben” nin ter experiencia previa) e tendo preferencia as empadronadas en Nigrán.

O obradoiro, que será impartido novamente pola experta Cristal Méndez, terá lugar os mércores no Auditorio Municipal, en horario de 10:00 horas a 13:00 horas dende o día 8 de outubro ata o a 3 de decembro. O prazo de inscrición comezará o día 22 de setembro e rematará o día 3 de outubro, debendo as interesadas enviar un correo electrónico a cim@nigran.org no que conste o seu nome completo, DNI e teléfono.

A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o obradoiro mestura as estratexias propias do ensino convencional do canto cun enfoque músico-terapéutico, facendo da expresión musical un vehículo emocional que busca o empoderamento das mulleres.

“O noso abordaxe é maioritariamente práctico e vai dirixido a espertar emocións positivas, traendo á luz, asemade, os medos e as feridas para ser integradas. Utilizamos recursos da musicoterapia e da danza/movementoterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión do corpo e a voz, incidindo nunha abordaxe somática (non verbal)”, explica Cristal Méndez, experta en Canto Moderno nas modalidades de Vocal Coach e Cantoterapia.

Para mais información pódese contactar co CIM no teléfono 986 303081COND

Publicacións Relacionadas