HomeA CoruñaA BarcalaA Xunta remata a transformación da glorieta da estrada AC-546 en Negreira,...

A Xunta remata a transformación da glorieta da estrada AC-546 en Negreira, que reforzará a seguridade no acceso so polígono de Covas

- Anuncio -spot_img
  • Os traballos consistiron na conversión dunha glorieta partida nunha rotonda completa de 31 metros de diámetro exterior
  • Esta actuación facilitará os desprazamentos da veciñanza no ámbito da parroquia de Santa María de Covas e tamén o tránsito cara ao polígono, reforzando a súa competitividade

A Xunta vén de rematar as obras de transformación da glorieta da estrada AC-546 en Negreira, que reforzará a seguridade no acceso ao polígono industrial de Covas.

Os traballos consistiron na conversión da glorieta partida no acceso deste polígono industrial, no punto quilométrico 0+800 da AC-546, nunha rotonda completa de 31 metros de diámetro exterior.

Esta intervención, cun orzamento autonómico de preto de 50.000 euros, centrouse no peche  do anel sobre a estrada e na execución do resto de elementos necesarios para completar a glorieta.

Tamén se dispuxo unha capa de aglomerado en todo o anel da glorieta, así como no entronque dos carrís das vías de acceso á glorieta, e executáronse illotes deflectores físicos.

Ademais as obras completáronse co pintado e a disposición da sinalización horizontal.

Con esta actuación mellorarase a mobilidade en todo este ámbito da parroquia de Santa María de Covas, favorecendo os desprazamentos da veciñanza e contribuíndo a reforzar a competitividade da zona ao facilitar o tránsito cara ao polígono industrial de Covas.

Publicacións Relacionadas