O actual goberno do PP deixa escapar outra axuda económica. Nesta ocasión, trátase dunha subvención para o mantemento dun posto de traballo de técnico municipal de xestión cultural.
A Deputación resolve denegar ao Concello de Cambre a achega de 15.000 € para pagar parte do salario do técnico por non presentar dentro do prazo, vencido o pasado 4 de xuño de 2025, a documentación xustificativa requirida polo ente provincial .
Desde o Concello presentouse a petición para esta axuda que saca a Deputación, a través dos cales se financia aos concellos persoal para museos, para actividades deportivas, sociais, …
Alternativa estará vixiante para que este tipo de perdas non se convertan nun costume do actual goberno municipal, xa que supoñen unha oportunidade para mellorar os servizos para a veciñanza.