HomeA CoruñaA Xunta de Goberno Local aproba o expediente de expropiación dos terreos...

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de expropiación dos terreos precisos para actuar no xacemento arqueolóxico da Pedra Moura de Aldemunde

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos necesarios para actuar no xacemento arqueolóxico da Pedra Moura de Aldemunde, incluído no Parque do Megalistismo da Costa da Morte.

O proxecto afecta a cinco propiedades de solo rústico de protección do patrimonio e/ou agropecuaria, cunha superficie total de 7.241 metros cadrados e unha valoración de 27.675,10 €.

Tras a aprobación inicial do expediente, o Concello de Carballo procederá á notificación individual ás persoas interesadas para que poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, impulsado pola Deputación da Coruña, inclúe xacementos de varios concellos, entre eles o dolmen da Pedra Moura, que é un dos máis grandes de Galicia. A historia dátao entre o 3.500 e o 2.700 antes de Cristo, na época de apoxeo da cultura megalítica. Hoxe en día só conserva cinco dos sete chantos que o constituían en orixe. Di a lenda que as pedras que conforman esta anta foron carrexadas por unha muller dende o petón de Calvelo, mentres fiaba na roca e aleitaba unha crianza.

Publicacións Relacionadas