• A intervención na parroquia de Sela, cun investimento de máis de 60.000 euros.
• A finalidade das obras é facilitar a mobilidade diaria, responder as demandas da poboación e garantir a seguridade, especialmente en situacións de emerxencia que requiren un acceso rápido e eficiente a distintas áreas da localidade.
O Concello de Arbo concluíu as obras de rehabilitación e ampliación de varios viais na parroquia de Sela, nun esforzo por mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e a mobilidade nesta zona do municipio. Os traballos, que contaron cun investimento total de 60.859,91 euros incluído o IVE, buscan atender as demandas veciñais e continuar coa liña de melloras en infraestruturas viarias ao longo do municipio.
As actuacións desenvolvidas no marco deste proxecto incluíron a ampliación de dous viais no núcleo de Eidos de Abaixo, onde o reducido ancho das vías dificultaba o acceso tanto de vehículos privados como de servizos de emerxencia. Ademais, levou a cabo a rehabilitación do pavimento nun tramo do vial do barrio de Eidos de Arriba, presentaba importantes deficiencias na capa de rodadura que comprometían a seguridade e o tránsito dos usuarios.
O alcalde de Arbo resaltou que “estas obras súmanse aos esforzos continuos por mellorar a infraestrutura viaria do municipio, atendendo ás necesidades reais da cidadanía e garantindo unha mobilidade segura e eficiente.” A aposta polas melloras en accesibilidade e seguridade en diferentes zonas do municipio reflicte o compromiso do goberno local con ofrecer unha contorna máis segura e funcional para todos os veciños – manifesta o rexedor arbense.
Estas actuacións representan un paso máis na estratexia do Concello de Arbo, que veu realizando diversas melloras en infraestruturas viarias en distintos puntos do municipio e reflicte unha xestión eficiente e transparente, orientada a maximizar recursos en beneficio do benestar colectivo.
De fronte ao futuro, o goberno local continúa avaliando as necesidades en materia de infraestruturas viarias e planificando novas actuacións co mesmo obxectivo de responder as demandas veciñais e garantir un desenvolvemento sostible da mobilidade no municipio de Arbo.
A atención constante ás infraestruturas viarias considérase fundamental para manter a competitividade e o benestar da comunidade, adaptándose ás necesidades cambiantes e garantindo unha contorna máis segura para todos.
En palabras do responsable municipal, “as promesas son feitos”, un reflexo do compromiso da administración para avanzar na modernización das infraestruturas e cumprir coas expectativas dos residentes. A conclusión destas obras mostra o esforzo constante por ofrecer un municipio máis accesible e preparado para responder as necesidades de toda a comunidade.