- ADOS busca na Guarda doazóns de sangue para elevar as cifras do ano pasado
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) regresa este xoves e venres á Guarda.
No ano 2024, na Guarda, doaron 518 persoas e a taxa foi de 52 doazóns por cada 1000 habitantes, o que supón un descenso de 143 doazóns respecto 2023.
A unidade móbil estará o xoves 25 e venres 26, ambos días en horario de tarde de 16:15 a 21:00h na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural.
Recordade que hai uns requisitos mínimos, como ser maior de idade e pesar máis de 50 kg.