O vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e dúas caixas de recollida de residuos
para desprazala dun lugar a outro permite recoller pequena chatarra electrónica,
pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes
entre outros.
O Punto Limpo Móbil destinado á recollida de residuos urbanos non convencionais
naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese, favorece a prevención, a
recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais.
Despois do éxito do primeiro percorrido polo municipio, o punto comeza a rodar de
novo o vindeiro 6 de outubro e chegará ás 17 parroquias facendo parada en puntos
estratéxicos de cada unha delas para faciliar o uso ós veciños e veciñas.
Os obxectivos principais que se acadan con este vehículo son a mellora do servizo de
recollida de residuos especiais municipais, incrementan as porcentaxes de recollida
selectiva de residuos de pequeno tamaño sen recollida convencional como pequenos
electrodomésticos, pilas, baterías…; reforzan a recollida en puntos de especial afluencia
de xente como poden ser feiras, festas ou outros tipos de eventos; contribuen desde o
ámbito municipal ó cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das
Nacións Unidas; e así introducen e popularizan entre a veciñanza de Salvaterra
conceptos como a corresponsabilidade e de economía circular para que paulatinamente
se vaia interiorizando por parte da veciñanza.