HomeXunta de GaliciaOs concertos do Xacobeo dinamizan a oferta turística de outono en Santiago...

Os concertos do Xacobeo dinamizan a oferta turística de outono en Santiago coa nova edición de Mare Estival desde este mércores

- Anuncio -spot_img
  • A Xunta dálle cobertura a esta singular cita que reúne a máis dunha trintena de bandas e artistas das dúas beiras do Atlántico
  • Do 24 ao 28 deste mes, o evento ofrecerá unha programación diversa con música, obradoiros, encontros, espazos de pensamento e accións paralelas
  • O cartel de Maré reúne figuras como Kevin Johansen + Liniers, Felisa Segade, Gala i Ovidio, Bombino, Sumrrá, Dulzaro, Judit Nedderman i Pau Figueres, Bongeziwe Mabandla, pablo Und Destruktion, Davide Salvado ou Germán Díaz & Vidya Shah, entre moitasoutras
  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron esta mañá na presentación da cita

Co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, Maré Festival de Artes e Músicas Atlánticas regresa esta semana a Santiago de Compostela para celebrar unha nova edición do 24 ao 28 de setembro. O encontro retorna coa filosofía de converterse, de novo, en referencia intercultural e de diálogo entre músicas e outras artes das dúas beiras do Atlántico. Maré continúa neste 2025 coa súa aposta decidida pola diversidade, o achegamento e o intercambio cultural entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais.

Do 24 ao 28 de setembro, Santiago volverá a ser un ano máis o epicentro da diversidade musical e artística coa celebración desta sexta edición do Festival Maré. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron esta mañá na presentación do evento, que tivo lugar en Santiago de Compostela.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles subliñou que “co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, Maré regresa a Compostela cunha aposta que achega realidades artísticas ricas e diversas a Galicia, promovendo o intercambio cultural para todos os públicos”. O director de Turismo de Galicia remarcou tamén, “o compromiso da cita pola diversidade de orixes e de xénero, con propostas de raíz que dialogan coas expresións contemporáneas e que converten a Compostela e a Galicia nun espazo de gran proxección cultural e turística”. 

O Maré Festival é un punto de encontro que busca catalizar os vínculos culturais de Galicia co mundo, explorando conexións que van máis alá da música para abranguer aspectos lingüísticos, emocionais, históricos ou simbólicos.

O festival anunciou que “mantén a súa esencia” cun cartel atractivo, plural e diverso que reúne a figuras como Kevin Johansen + Liniers, Felisa Segade, Gala i Ovidio, Bombino, Sumrrá, Dulzaro, Judit Nedderman i Pau Figueres, Bongeziwe Mabandla, Pablo Und Destruktion, Davide Salvado, Germán Díaz & Vidya Shah, e Tremenda Maré, entre moitas outras.

Sobre MARÉ

Maré é unha plataforma de intercambio cultural entre territorios e persoas que comparten que a cultura é un dereito. Non é só unha programación musical: é unha toma de posición. Unha aposta colectiva por construír dende as artes un espazo de pensamento, coidado e resistencia.

O festival propón espazos de pensamento, encontros, obradoiros e accións paralelas que outorgan contido e contexto ao que vivimos como público. Trátase de compartir experiencias sobre o papel das comunidades na creación cultural, as posibilidades da arte nun mundo en crise, a tecnoloxía ou a forza simbólica das linguas minorizadas.

Concertos do Xacobeo, un programa plural que apoia os principais eventos de Galicia

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a máis de 180 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 70 localidades de toda Galicia.  En concreto, na provincia da Coruña, os Concertos do Xacobeo suman máis de medio centenar de eventos. Entre eles, en Santiago de Compostela, nesta recta final do ano, daranse cita eventos como o WOS, MARÉ ou Hola Nola Fest.

Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitan neste 2025 os Concertos do Xacobeo. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.

Publicacións Relacionadas