HomeA CoruñaA xustiza absolve ao alcalde e ao funcionario municipal pola demolición das...

A xustiza absolve ao alcalde e ao funcionario municipal pola demolición das ruínas de Casa Carnicero

- Anuncio -spot_img

A Audiencia Provincial da Coruña emitiu sentenza do xuízo pola demolición das ruínas de Casa Carnicero absolvendo tanto ao alcalde, Ángel García Seoane, como ao funcionario municipal. O Tribunal resolve que non existe delito de prevaricación na actuación do Concello.

A Audiencia considera probado que o incendio de xullo 2020 sobre Casa Carnicero provocou graves danos, quedando en situación de ruína técnica e económica, sendo a demolición a solución factible. A sentencia recolle declaracións do arquitecto nas que afirma que o edificio “non era salvable” de do perito que dixo que “a rehabilitación era inviable” e que non era posible “desmontar os materiais ou elementos que se conservaban para unha reconstrución”.

Debido ao incendio e aos efectos climáticos dos temporais, no momento no que o Concello procedeu á demolición o edificio non existía xa como tal. E os restos que quedaban “caían como un castelo de naipes”, tal e como declarou un dos técnicos no xuízo.

Tan só quedaban en pé parte das paredes e desapareceran todos os elementos que motivaran a catalogación do edificio, que ademais non eran recuperables. De feito unha das paredes caera sobre a propia finca 3 días antes da demolición efectuada polo Concello; o que podería ter sucedido días despois sobre a beirarrúa e a N-VI de non ter actuado da forma que se fixo “para evitar mortes”, tal e como declarou o alcalde.

Arquitectos, técnicos e xuristas avalaron ante o tribunal a correcta actuación do Concello, en defensa da seguridade cidadá. Os restos de Casa Carnicero atopábanse a 80 cm da N-VI.

Publicacións Relacionadas