HomePontevedraA ParadantaO programa “Mareas de Coñecemento” da universidade de Vigo cos seminarios senior,...

O programa “Mareas de Coñecemento” da universidade de Vigo cos seminarios senior, levou á veciñanza de Covelo a descubrir o patrimonio románico da contorna

- Anuncio -spot_img

O 25 de setembro, celebrouse en Covelo unha nova actividade enmarcada no programa “Mareas de Coñecemento”, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Covelo.

Elisa Pereira García profesora e arqueóloga do programa de maiores da Universidade de Vigo, foi a encargada de guiar a excursión, ofrecendo explicacións e reflexións arredor da importancia histórica e cultural do patrimonio románico da zona.

As persoas participantes, maiores de 50 anos, visitaron as ruínas da igrexa románica de Casteláns (século XII) e tiveron a oportunidade de contemplar varios arcos ornamentais que hoxe se conservan nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario.

A saída realizouse ás 16:00 horas dende a praza Mestre Cerviño de Covelo, converténdose nunha enriquecedora xornada de coñecemento, convivencia e posta en valor do patrimonio local.

O programa “Mareas de Coñecemento” ten como obxectivo achegar á cidadanía maior de 50 anos experiencias formativas, culturais e de ocio saudable, reforzando a colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Covelo.

Publicacións Relacionadas