HomeA CoruñaConcerto de Pepe Piña no acto de presentación do libro gañador no...

Concerto de Pepe Piña no acto de presentación do libro gañador no XXXVII Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

- Anuncio -spot_img

O CMI Unidade de Fene acolle este sábado a presentación de Pequena vida salvaxe, poemario co que Roberto X. Hermida gañou o XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé que organiza a entidade fenesa coa colaboración do Concello de Fene e a editorial Espiral Maior.

O acto comezará ás 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar aforo. Ao remate actuará o cantautor galego Pepe Piña, concerto organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Pepe Piña ofrecera unha mestura de cancións en galego, portugués e castelán, que abrangue desde Galicia ata Portugal e mesmo Brasil, Cuba e Sudamérica. Cancións orixinais dos dous últimos discos editados e cancións coñecidas de todo o mundo. Un concerto íntimo para escoitar e saborear desde Fuxan os ventos a Silvio Rodríguez.

Publicacións Relacionadas