HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López recalca a necesidade de coidar o mar, como fonte de...

Luis López recalca a necesidade de coidar o mar, como fonte de vida e riqueza, na homenaxe aos profesionais deste sector que se celebra cada ano en Moaña

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación participou na procesión, minuto de silencio e ofrenda floral que ten lugar cada ano no porto de Meira con motivo das festas de Samertolameu

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado na homenaxe aos profesionais do mar de Moaña que cada ano organiza a Comisión de Festas de Samertolameu de Meira. No porto pesqueiro desta parroquia moañesa, o mandatario provincial tomou parte da procesión, minuto de silencio, ofrenda floral, representación teatral e interpretación da Salve Mariñeira realizada en memoria dos mariñeiros falecidos.

Un acto no que o mandatario provincial recoñeceu o peso que ten este sector para as familias e a economía tanto do concello de Moaña como de toda a provincia. “Esta parroquia, este Concello e esta provincia viven de cara ao mar”, afirmou López despois de recibir unha placa conmemorativa de mans dos responsables da Comisión de Festas.

Así mesmo, o presidente da Deputación salientou a importancia de coidar un sector que é sustento de moitas familias, fonde de emprego e riqueza e un dos grandes atractivos turísticos da provincia. “Coidemos deste medio tan rico, tan produtivo e tan noso”, concluíu Luis López.

Publicacións Relacionadas