HomePontevedraO SalnésO PP négase a dar explicacións pola supresión das ludotecas semanais das...

O PP négase a dar explicacións pola supresión das ludotecas semanais das ANPAS, que condiciona a conciliación de 80 familias de Sanxenxo

- Anuncio -spot_img

O BNG presentou no Pleno unha moción solicitando a reposición inmediata desta actividade e a mellora da comunicación do Goberno local coas asociacións de Nais e Pais, pero a proposta nin sequera chegou a ser debatida, polo voto en contra do Partido Popular sobre a urxencia da
proposta

O Bloque denuncia este novo episodio de falta de transparencia e de obscurantismo por parte do alcalde Telmo Martín e recorda que a eliminación da ludoteca foi notificada ás ANPAS cun único día de antelación, algo que tamén sucedeu coas traballadoras responsables destas actividades, que dun día para outro pasaron a realizar outras tarefas en Deportes e Mocidade

O Goberno local do Partido Popular, co alcalde, Telmo Martín, á cabeza, negouse a aclarar as razóns da súa decisión de eliminar as ludotecas semanais das ANPAS, unha medida que foi notificada cun único día antelación ás asociacións de nais e pais, así como ás traballadoras encargadas de coordinar estas actividades e que agora desempeñan outras funcións nas áreas de Deportes e Mocidade. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo presentou no Pleno ordinario deste luns unha moción pola vía de urxencia, na que solicitaba a reposición destas actividades, dada a súa importancia para facilitar a conciliación de centos de veciños e veciñas do noso municipio. O propio alcalde confirmou son preto de 80 as familias afectadas por esta medida, que inscribiron a rapazas e rapaces de diferentes idades nestas ludotecas, que ofrecían propostas lúdicas de xeito regular nas parroquias. O voceiro nacionalista, Fran Leiro, sinalou que “esta era unha oportunidade única para que o PP explicase as razóns que lle levaron a suprimir un servizo moi demandado e de primeira necesidade para un gran número de familias, pero o señor Telmo Martín, nun novo exercicio de obscurantismo e absoluta falta de transparencia, limitouse a votar en contra da urxencia da moción, ao igual que o resto de concelleiros e concelleiras do PP, polo que non se produciu debate”.

Tanto Leiro como o resto de compañeiras e compañeiros do Bloque recordan que esta actividade extraescolar víñase desenvolvendo desde hai varios cursos, cunha alta participación e cun calendario estable, polo que “xa supuña un piar básico para facilitar a conciliación laboral e familiar dun gran número de veciños e veciñas de anxenxo”. Foi a semana pasada, un día antes de que comezase a ludoteca, cando o Concello notificou ás ANPAS que non se levaría a cabo a iniciativa, sen deixar ningunha marxe de manobra ás familias afectadas nin ás asociación de nais e pais para buscaren alternativas. Todo isto, advertiu Fran Leiro durante a sesión plenaria, provocou un gran malestar entre os e as afectadas, tanto polas formas como pola propia decisión. “O que lles trasladou a concelleira de Educación ás ANPAS é que estas xa contan cunha oferta moi ampla de actividades durante o curso. Esta razón é absurda, cando seguen a ser as mesmas que outros anos, nos que esta ludoteca se realizaba con absoluta normalidade”, criticou Leiro.

O BNG sinala que a maneira de proceder de Telmo Martín e do seu equipo de Goberno “é moi grave o totalmente inaceptable, xa que está a suprimir un servizo público de éxito e de gran necesidade para moitas familias cunha comunicación irresponsable, notificando a decisión cun día de marxe. Isto é unha de respecto institucional cara as as ANPAS totalmente inaceptable”. Froito desta situación, os nacionalistas presentaron unha moción na que, ademais de pedir a restitución da ludoteca, tamén se solicitaba establecer un calendario de reunións entre a Concellería de Educación e as ANPAS, co obxectivo de mellorar a comunicación, así como notificar con 30 días de antelación calquera supresión que afectase á súa actividade. Ademais, desde o Bloque tamén incidiron en que o Concello debe garantir os dereitos laborais do persoal municipal. “Se hai un cambio de funcións, debe ser notificado en tempo e forma, con 15 días de antelación”, apuntou Fran Leiro, aspecto que tampouco se cumpriou ao modificar as tarefas das responsables das ludotecas unha vez suprimidas. “A día de hoxe, o señor Telmo Martín négase a dar explicacións ás ANPAS, cunha actitude que non é aceptable no máximo responsable dunha institución municipal”, reprocha o BNG.

Policía Local

Por outra banda, o BNG abstívose na votación dunha proposta de Alcaldía na que solicita que os procesos selectivos para das prazas de auxiliares da Policía Local se leven a cabo en Sanxenxo. Os nacionalistas reprochan a falta de transparencia que hai detrás desta medida. “É evidente que, como destino turístico, a Policía Local precisa de reforzos no verán, pero iso non explica que a selección de persoal non se poida facer a través da Academia Galega de Seguridade Pública, tale como sucedía ata agora”, sinalou o voceiro do Bloque. Leiro preguntou directamente ao alcalde se isto ten que ver con solicitar aos auxiliares que renuncien ao plus de nocturnidade, “algo que é dantesco e inasumible”.

O BNG tamén se abstivo á hora de votar sobre a modificación da ordenanza reguladora das entradas de vehículos a través de beirarrúas e das reservas da vía pública para aparcamentos exclusivos. Neste caso, o Bloque Nacionalista Galego refrenda o seu rexeitamente á normativa impulsada polo PP para cobrar polos vados, cunha ordenanza que “practicamente da potestade par amultar a un veciño ou veciña por entrar nun inmoble calquera. Non imos validar unha normativa que semella que só busca facilitar sancións”.

Publicacións Relacionadas