HomeA CoruñaA Policía Local incauta un arma caseira de tipo táser a un...

A Policía Local incauta un arma caseira de tipo táser a un menor

- Anuncio -spot_img

O mozo será proposto para unha sanción por estar en posesión deste artefacto e amosalo na vía pública.

A Policía Local da Pobra do Caramiñal incautou, nos últimos días, un arma caseira de tipo táser a un menor. O achado produciuse durante un operativo de vixilancia ordinario no que os axentes municipais descubriron a un grupo de mozos con este artefacto prohibido na vía pública.

Tras proceder á identificación dos rapaces, a Policía retirou a arma e contactou co titor legal dun deles para informarlle de que sería proposto para unha sanción por estar en posesión deste artefacto e amosalo na vía pública.

En canto ao artefacto, este será enviado á dependencia de Intervención de Armas de Noia da Garda Civil para a súa custodia.

O alcalde, José Carlos Vidal, agradece o labor realizado polos axentes, que cualificou como “esencial”. Como explica o rexedor, a rápida actuación policial evitou que “un artefacto prohibido, aínda que de fabricación caseira, fose utilizado no espazo público, o que podería ter xerado unha situación de risco para a cidadanía”. 

Publicacións Relacionadas