HomePontevedraO SalnésLuis López inaugura a reforma do campo de fútbol de Pontearnelas, en...

Luis López inaugura a reforma do campo de fútbol de Pontearnelas, en Vilanova de Arousa, financiada na súa totalidade por 220.000 euros da Deputación

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola, subliñou a aposta do goberno provincial pola mellora das instalacións deportivas municipais cun investimento de 12M€ e a execución de 215 actuacións a través dos dous Plans Extraordinarios de Infraestruturas Deportivas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirma o compromiso do organismo provincial coa mellora das instalacións deportivas da provincia e coa colaboración cos concellos con motivo do acto de inauguración da reforma do campo de fútbol de Pontearnelas, en Vilanova de Arousa, que contou cun investimento de case 220.000 euros por parte do organismo provincial a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e do +Provincia para sufragar a achega do Concello. “Somos a provincia do deporte”, afirmou o mandatario provincial, nun acto previo á celebración da Copa Concello de Vilanova de Arousa entre os conxuntos locais do Pontearnelas e o Chispa no que tamén estivo presente a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez, o concelleiro e deputado provincial, Javier Tourís, e o deputado provincial Marcos Guisasola.

A obra consistiu na substitución do céspede artificial do terreo de xogo por un novo de última xeración. Ademais, os traballos permitiron darlle unha nivelación óptima ao campo e implantar un sistema de rego axeitado ás súas necesidades. O custo total da obra foi de 220.000 euros, dos que 70.000 euros proceden do PEID e os 156.000 euros restantes do +Provincia. “Dispoñemos na provincia dunhas instalacións deportivas do máis alto nivel, un logro que é froito do compromiso da Deputación, que lanzamos xa dous Plans Extraordinarios de Infraestruturas Deportivas cos que mobilizamos en dous anos 12 millóns de euros e realizamos 215 actuacións para colaborar cos concellos e ofrecer á veciñanza recintos deportivos modernos e de calidade como este”, explicou López.

Antes de que o balón botara a rodar, concluíu o presidente da Deputación dando os parabéns a todo os integrantes dos equipos do Pontearnelas e o Chispa, aos que desexou sorte para unha tempada que está a comezar, así como a todos os integrantes dos tecido deportivo de Vilanova de Arousa polo seu labor de promoción do deporte e de hábitos de vida saudable. Do mesmo xeito reafirmou o máximo apoio da Deputación a deportistas, clubs e concellos “para seguir impulsando a provincia do deporte”, rematou López.

Publicacións Relacionadas