O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este domingo na procesión do Santísimo Cristo do Consuelo e en todos os actos litúrxicos desta tradicional cita de Cangas do Morrazo. Unha asistencia coa que o mandatario provincial amosa o compromiso da Deputación coas festas tradicionais e coa veciñanza do concello morracense.



