HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López recoñece a traxectoria centenaria do colexio San Francisco como unha...

Luis López recoñece a traxectoria centenaria do colexio San Francisco como unha institución de referencia no ámbito educativo de Vilagarcía e a súa comarca

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participa no auditorio municipal de Vilagarcía no acto de conmemoración do primeiro centenario deste centro educativo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este luns no auditorio municipal de Vilagarcía no acto de conmemoración do centenario do colexio San Francisco de Vilagarcía. Unha cerimonia na que o mandatario provincial recoñeceu a traxectoria do centro educativo, a calidade da súa oferta formativa e o peso que ten na vida social do concello e a comarca arousana. “Un centro no que o alumnado recibe a mellor formación para o seu futuro, un colexio no que os estudantes reciben a mellor atención, que os fai sentir coma na casa; e un lugar no que se crean lazos familiares irrompibles”, afirmou o presidente provincial.

O CPR San Francisco pertence á Fundación Ana Mogas, unha fundación educativa con 23 colexios concertados en España que conta con dous centros na provincia. Con cen anos de historia ás súas costas, polas aulas deste colexio pasaron centos de nenas e nenos de Vilagarcía e diversos concellos da comarca que, actualmente, fórmanse cun modelo educativo de calidade baseado na innovación e o bilingüismo. Neste punto, o mandatario provincial confesou coñecer de primeira man o bo funcionamento do colexio, porque nel estudan os seus fillos. “Son un veciño máis que despois de deixar aos seus fillos na porta do colexio, marcha tranquilo a traballar, son deses pais que ademais de saber o nome de todos os mestres dos seus fillos, respecta e admira o traballo que fan cada día e son membro desta familia educativa na que os valores de esforzo e respecto que inculcamos na casa teñen continuidade dentro destas aulas”, valorou o presidente para poñer en valor o traballo dos profesionais deste colexio.

Antes de agradecer o labor dos docentes, do persoal da dirección e da Fundación á que pertence o centro; reafirmar o compromiso da Deputación para colaborar con toda a comunidade educativa da provincia e desexar, polo menos, outros cen anos máis de historia ao San Francisco, o presidente da Deputación salientou que ao longo deste século as dúas institucións demostraron ter sido “motores de cambio e crecemento, contribuíntes da democratización de moitos servizos como a Educación e parte fundamental da comunidade”, rematou Luis López.

Publicacións Relacionadas