Os recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a posta en marcha de actividades culturais, dotadas con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia
“Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que están xa operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 €, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario
A Deputación de Pontevedra destina preto de 22.000 euros a 21 entidades de Bueu, Cangas do Morrazo e Moaña para a realización de actividades culturais. Estes recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para posta en marcha de actividades culturais, dotada con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia. “Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que xa están operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 euros, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario.
Na comarca do Morrazo benefícianse destas axudas a Asociación Cultural Charaviscas de Domaio, en Moaña; catro entidades de Bueu entre as que se atopan Novos Ventos, Mar e Agro, Manxadoira e FICBueu; e 16 asociacións de Cangas do Morrazo: Pais de San Roque, Amigos da Gaita, A Mangallona, Festa do Corpus do Eirado do Señal, a Asociación de diagnosticados de Cancro de Mama, a Asociación As Tres Negacións de San Pedro, Lembranzas da Ría, Peid d´hos, a Asociación para a promoción turística do Morrazo, Estudios Conciencia, a Asociación taller experimental de obra múltiple contemporánea, Pequena Gran compañía, O Son do Pobo, Staccato, Lolos e a Sociedad Filatélica e Numismática Canguesa.
As entidades recibirán recursos que oscilan entre os 375 euros e os preto de 2.500 euros para poñer en marcha intercambios culturais con diferentes lugares do territorio nacional e internacional (Alemaña, Murcia e Portugal), romarías, festivais musicais e folclóricos, ciclos de cinema na praia, eventos culturais, certames de arte, concertos, certames de música e exposicións.