HomePontevedraPontevedraReparada a iluminación ornamental do parque de Rosalía de Castro e da...

Reparada a iluminación ornamental do parque de Rosalía de Castro e da avenida de Santa María

- Anuncio -spot_img

A Concellaría de Servizos Urbanos Básicos, que xestiona Xaquín Moreda, continúa adiante co mandato do alcalde de redobrar esfozos no mantemento da cidade.

Nesta clave, está a reparación e mellora das iluminacións ornamentais de mobiliario urbano como o banco do parque de Rosalía de Castro e o da praza de Santa María, pero tamén outras zonas xa intervidas como a praza da Peregrina ou o Campiño de Santa María.

A Concellaría de Servizos urbanos básicos, que xestiona Xaquín Moreda continúa adiante coa revisión, reparación -ou substitución da tecnoloxía, de ser o caso- da iluminación pública da cidade. Nesta liña de traballos, están operativas dende esta semana as iluminacións ornamentais do banco da praza de Santa María e do banco do parque de Rosalía de Castro, na avenida de Compostela.

Os traballos foron similares nos dous casos. Revisáronse as estruturas eléctricas e de iluminación, localizáronse as avarías e reparáronse as luminarias de ámbolos dous bancos. Todo supuxo a substitución das tiras de luces, de perfís, cablado, fontes de alimentación e programadores.

A iluminación baixa nos espazos públicos é máis sensíbel que en altura dado que está máis afectada pola chuvia e pola humidade. A evolución tecnolóxica permite ir reparando e substituíndo a vella por luminarias máis estancas e resistentes a estas inclemencias. Por iso, tamén se traballa na rúa Don Gonzalo, baixo o arco do edificio Méndez Núñez e o seu magnolio para reparar os proxectores instalados no chan así como na iluminación ornamental do propio arco.

O concelleiro Xaquín Moreda considera que aínda que poidan parecer pequenas actuacións de pequenas contías (as dúas agora instaladas roldan os 3.000 euros cada unha) non son menos importantes para mellorar a calidade de vida da veciñanza e a imaxe dos espazos públicos.

O concelleiro Xaquín Moreda tamén recordou que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ordenou que o mantemento fose unha das liñas estratéxicas de traballo durante todo o mandato. Nesta clave están a reparación e o incremento da iluminación na praza da Peregrina (16.800 euros), a revisión e substitución da iluminación no Campiño de Santa María (26.000 euros), a substitución a led da iluminación pública da zona sur da cidade (1,5 millóns), o cambio de tecnoloxía no barrio da Seca ou a substitución da iluminación no barrio do Burgo -e na parroquia de Lérez- (1,4 millóns de euros). A estes hai que engadir o proxecto de cambio de tecnoloxía na zona norte-leste da cidade en fase de elaboración.

Publicacións Relacionadas