- Os deputados pontevedreses, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón visitaron o concello de Tui, acompañados da concelleira Anabel Solla, onde amosaron a súa preocupación polo illamento que vai sufrir a provincia, coa eliminación de paradas, horarios e frecuencias de autobús prevista na nova Lei de mobilidade sostible.
- Os populares agardan que o próximo mércores o PSOE e o BNG apoien no Congreso as súas emendas á Lei de mobilidade sostible para “frear este despropósito” e porque, do contrario, estarán avalando que Sánchez siga desconectando Galicia.
- “Estamos a falar da desaparición de 23 paradas que afectarían a unha poboación superior a 136.000 habitantes, que se distribuirían na eliminación de 2 paradas na provincia da Coruña, 10 na de Lugo, 6 na de Ourense e 5 na provincia de Pontevedra”, explicou Irene Garrido.
Os deputados pontevedreses no Congreso, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón instan ao Goberno central a que non siga desconectando Galicia e esixen que renuncie á eliminación das paradas de autobuses estatais nos concellos de Lalín, Porriño, Silleda, Forcarei e Tui, que afecta a 70.000 cidadáns da provincia.
Os 3 deputados nacionais estiveron precisamente no concello de Tui, xunto á concelleira Anabel Solla, onde amosaron a súa preocupación pola desaparición de paradas de buses estatais que afectan enormemente non só a Tui, senón ao conxunto de Galicia.
“Estamos a falar da desaparición de 23 paradas que afectarían a unha poboación superior a 136.000 habitantes, que se distribuirían na eliminación de 2 paradas na provincia da Coruña, 10 na de Lugo, 6 na de Ourense e 5 na provincia de Pontevedra”, explicou Irene Garrido.
A deputada avanzou que este mércores se debate no Congreso dos Deputados e vótase a Lei de Movilidad Sostible, onde o Goberno pretende blindar a eliminación destas paradas. “Nós mantemos viva para o seu debate este mércores a emenda que, en lugar da eliminación, vai tratar de blindar a permanencia destas paradas. É un tema enormemente importante que afecta a moitísima poboación”, indicou.
Os populares agardan que o próximo mércores o PSOE e o BNG apoien no Congreso as súas emendas á Lei de mobilidade sostible para frear este despropósito e porque, do contrario, estarán avalando que Sánchez siga desconectando Galicia.
“Agora quédanos saber o mércores cal vai ser a postura dos deputados nacionais por Galicia doutros partidos, ao redor deste problema que expón a eliminación de paradas, que non pode ser de financiamento porque como propoñemos na nosa emenda, ou ben o financia o Estado ou ben o Estado financia que o leve a cabo outra administración. A nosa postura está clara: defender a permanencia das paradas de buses estatais que existen actualmente”, rematou a deputada nacional.
Desde o PP critican que o presidente do Goberno queira “condenar” ao rural galego a unha perda do transporte público e dos seus servizos “cando todas as administracións traballan polo contrario”. Por iso, instan ao Goberno central a que renuncie á “imposición” e a “unilateralidade” e, no seu lugar, aborde de xeito coordinado coas comunidades un novo modelo que “sexa realmente eficiente na atención das demandas de mobilidade en todo o territorio, sobre todo no rural, e non penalice a ninguén”.