HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López promociona en Madrid as posibilidades infinitas que ofrece o litoral...

Luis López promociona en Madrid as posibilidades infinitas que ofrece o litoral das Rías Baixas en tempada baixa: deporte, observación de fauna e actividades starlight

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación recalca a aposta por un turismo desestacionalizado e sustentable para a provincia nun encontro co resto de participantes do proxecto “Playas sin límites”: Almería, Costa do Sol, Lanzarote e Santander

“Non somos un dos destinos favoritos da España verde por casualidade: temos un amplísimo abano de posibilidades arredor da nosa costa e das nosas praias”, di López

O traballo de fin de grao de Marta Vidal, veciña de Bueu graduada en Turismo, sobre o patrimonio inmaterial marítimo do seu concello recibiu un dos premios do programa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirma a aposta provincial pola sustentabilidade, a descentralización e a desestacionalización do destino turístico Rías Baixas nun encontro en Madrid con representantes doutros destinos cos que a Administración provincial colabora no proxecto “Playas sin límites”, para diversificar o uso das praias fora de tempada estival. “Non somos un dos destinos favoritos da España verde por casualidade: temos un amplísimo abano de posibilidades arredor da nosa costa e das nosas praias”, defendeu o mandatario provincial, que compartiu espazo no salón de actos da sede da Secretaría de Estado de Turismo en Madrid cos representantes de Lanzarote, Almería Costa do Sol e Santander.

Na presentación dos resultados deste iniciativa promovida pola Secretaría de Estado de Turismo para impulsar experiencias turísticas sustentables arredor das praias destes cinco destino, a Deputación presentou as conclusións dun proxecto que contou cun orzamento de preto de 150.000 euros, financiados ao 80 % con fondos do Ministerio de Turismo. Entre os logros acadados ao abeiro deste proxecto, figura a realización dun estudo para coñecer o estado do patrimonio do litoral, así como un inventario de produtos e servizos náuticos fóra da tempada alta. Ademais, a Deputación editou un conto infantil para involucrar ás novas xeracións na sustentabilidade do turismo que foi presentado nos campamentos de verán da Lanzada. Así mesmo, en colaboración coa Fundación Ceo, Ciencia e Cultura realizouse un traballo para identificar as mellores praias para a observación das estrelas. Outra das medidas foi o lanzamento dun certame para traballos de fin de grado ou máster relacionado coa xeración de novas experiencias turísticas nas praias para reducir a estacionalidade ao que se presentou Marta Vidal, natural de Bueu e graduada en Turismo, cuxo TFG sobre o patrimonio inmaterial marítimo deste concello da comarca do Morrazo recibiu un dos premios deste programa.

“A sustentabilidade, a descentralización e a desestacionalización do turismo son tres dos nosos grandes obxectivos. É por iso que non só aplaudimos y celebramos proxectos como este de Praias sen Límites, tamén nos sumamos a eles cun convencemento firme”, sinalou o presidente, quen enumerou diversos eventos deportivos que se celebran ao longo do ano na contorna costeira das Rías Baixas, o contacto coa natureza para observar aves ou mamíferos mariños e o patrimonio tanto material como inmaterial, desde faros ou ermidas ata festas gastronómicas ou romarías que enchen de interese o litoral pontevedrés.

“Compartimos con Lanzarote, a Costa do Sol, Almería ou Santander infinidade de recursos que atraen cada ano miles de turistas: Unha beleza natural e paisaxística incomparable, un patrimonio material e inmaterial de primeira e unha oferta cultural diversa e de máxima calidade”, recoñeceu o dirixente provincial, quen rematou o seu discurso cunha invitación. “Convidamos a todo o mundo a que visite a nosa provincia, porque quen proba as Rías Baixas, sempre repite e sempre serán benvidos”, concluíu o presidente Luis López.

Publicacións Relacionadas