HomeA CoruñaToman posesión como funcionarios de carreira os seis novos axentes da Policía...

Toman posesión como funcionarios de carreira os seis novos axentes da Policía Local de Carballo despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade

- Anuncio -spot_img

David Nieto Seoane, Javier María Vidal Paredes, Héctor Juan Picado Outeiral, Adrián Casas Pernas, Aarón Pedroso Fernández e Juan Pazos Gonçalvez asinaron hoxe os seus contratos como funcionarios de carreira despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade. No mes de xaneiro asinaran como axentes en prácticas, tras superar o proceso selectivo correspondente, e no verán realizaron as súas prácticas xa en Carballo.

No acto de hoxe estiveron presentes a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro; o concelleiro de Policía, Juan Seoane; o xefe da Policía Local, Pedro Cancela, e varios compañeiros e compañeiras dos novos axentes.

Coas últimas incorporacións, o cadro de persoal da Policía Local de Carballo pasa a estar integrado por un total de 33 profesionais.

Publicacións Relacionadas