HomeXunta de GaliciaAnxo M. Lorenzo visita a última quenda da III Residencia Literaria de...

Anxo M. Lorenzo visita a última quenda da III Residencia Literaria de San Simón organizada pola Xunta

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe as nove persoas que participan na terceira e derradeira das quendas correspondentes á III Residencia Literaria Illa de San Simón, organizada pola Xunta de Galicia, onde se referiu a esta experiencia como “unha grande oportunidade para impulsar o talento creador aproveitando un espazo de gran valor histórico e natural”.

Así, tal e como lembrou, trátase dunha iniciativa que promove a creación literaria en galego mediante unha estadía de ata dúas semanas e pola que, despois desta quenda, terán pasado nesta convocatoria un total de 24 persoas. Desta volta, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puido conversar con Blanca Trigo, Carlos Negro, Ramón Domínguez, Ana María Cibeira, Sarai Lorenzo, Clara Isabel Rodríguez, Daniel Gutiérrez, Elena Martín e Laura Valeria Gutiérrez, que pecharán a edición o día 19 de outubro.

Publicacións Relacionadas