HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destina preto de 110.000 euros para que 27 clubs deportivos...

A Deputación destina preto de 110.000 euros para que 27 clubs deportivos organicen eventos na contorna de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

No conxunto da provincia son 153 os clubs deportivos que se benefician desta liña de axudas da Deputación que neste 2025 ascende aos 550.000 €, 50.000 € máis que o pasado ano

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión da liña de axudas a clubs e entidades do ámbito do deporte para a organización de eventos e actividades deportivas. As axudas, que ascenden a 550.000 euros neste 2025, 50.000 € máis que o pasado ano, benefician a un total de 153 club da provincia. No que respecta á contorna de Pontevedra 27 clubs deportivos recibirán ata 110.000 euros para organizar actividades e eventos nos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Portas.

Barro CF recibirá máis e 900 euros para o torneo de fútbol de San Breixo en Barro e Aromon Pontevedra e o Caldas Club de Fútbol preto de 2.400 e 775 euros para o campionato de España de Raid de Aventura e o Torneo internacional de Caldas. Pola súa banda, o Club de Montaña Xesteiras e a Escudería Cuntis benefícianse de 1.600 e 5.200 euros para a posta en marcha da copa de Galicia e mini BTT e XCO e para o Rallymix de Cuntis e o Real Club de Mar de Aguete, o XSM Clube Ciclista, a Federación Galega de Atletismo e o Marín FUTSAL entre 3.400 e  os preto de 6.200 euros para unha regata de vela, un ciclocross internacional, un campionato de España de marcha e un torneo internacional de fútbol sala.

O Moraña Club de Fútbol recibe preto de 1.100 euros para o torneo interparroquial de Moraña e o Club de Tenis de Pontevedra e o Club de Fútbol Base de Poio preto de 8.700 e 840 euros para o Pontevedra International Open de Tenis e para o torneo Juan López de fútbol alevín e benxamín en Poio.  A subida a Ponte Caldelas, organizada pola Escudería Ponte Caldelas, recibe preto de 3.400 euros e o Rallymix Portas, impulsado pola Escudería Portas Motor, máis de 5.400 euros.

Finalmente, o Club Cisne, a Escola Xadrez de Pontevedra, a Federación Galega de Piragüismo, a Federación Galega de Balonmán, a Agrupación Cultural Deportiva A Seca, o Club de Taekwondo Mace-Sport, o Club Galaico Sincro, Portero 2000, a Federación Española de Karate, a Federación Galega de Baloncesto, a Pontevedra Academy CF e a Real Federación Galega de Fútbol benefícianse de contías que oscilan entre os preto de 840 e os  máis de 13.000 euros para poñer en marcha o torneo internacional elite de balonmán, o torneo internacional de xadrez, un campionato de España de sprint olímpico, un clasificatorio de balonmán, torneos de fútbol, un campionato galego de verán de natación sincronizada, una liga nacional de karate cadete e senior e, entre outras actividades, unha xuntanza en Pontevedra.

En liñas xerais, cos recursos provinciais, os 150 clubs deportivos beneficiarios dos 550.000 € poden organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacionais como campionatos ou copas de España ou do Mundo e competicións deportivas oficiais de alto nivel, e tamén competicións deportivas oficiais e non oficiais, de todos os ámbitos territoriais.

Publicacións Relacionadas