HomeTabeirósA EstradaA Deputación destina 60.000 euros para que 16 clubs deportivos organicen eventos...

A Deputación destina 60.000 euros para que 16 clubs deportivos organicen eventos na Estrada, Forcarei, Lalín, Silleda e Vila de Cruces

- Anuncio -spot_img

No conxunto da provincia son 153 os clubs deportivos que se benefician desta liña de axudas da Deputación que neste 2025 ascende aos 550.000 €, 50.000 € máis que o pasado ano

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión da liña de axudas a clubs e entidades do ámbito do deporte para a organización de eventos e actividades deportivas. As axudas, que ascenden a 550.000 euros neste 2025, 50.000 € máis que o pasado ano, benefician a un total de 153 club da provincia. No que respecta ás comarcas do Deza e Terra de Montes 16 clubs deportivos recibirán ata 60.000 euros para organizar actividades e eventos nos concellos da Estrada, Forcarei, Lalín, Silleda e Vila de Cruces.

A Federación Galega de Voleibol, o Club Bádminton A Estrada, a Escola Estrada de Fútbol Base, a Escudería Estradense e The Paws by Patas reciben contías entre os preto de 800 e os 6.600 euros para impulsar actividades na Estrada. Pola súa banda o Motoclub VFM e a Federación Deportiva Gallega de Automovilismo reciben máis de 1.500 e preto de 2.000 euros para organizar a VF Challenge e o Campionato Galego de Karting en Forcarei.

A Asociación Galega de Billar-Pool, o Club Escudería Lalín, o Club Petanca Lalín, Extol-La Gramola Team, e o GTR Galaico Trail Run, benefícianse de contías que oscilan entre os 1.400 e os máis de 14.000 euros para poñer en marcha campionatos galegos, probas de automobilismo ou de BTT, opens internacionais ou trails en Lalín. Ademais a BTT Trasdeza, o Clube Petanca Bandeira e a Escudería Silleda reciben entre 1.200 e 6.000 euros para organizar actividades en Silleda e a Sociedade Deportiva Cruces para poñer en marcha o Galo Cup en Vila de Cruces.

En liñas xerais, cos recursos provinciais, os 150 clubs deportivos beneficiarios dos 550.000 € poden organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacionais como campionatos ou copas de España ou do Mundo e competicións deportivas oficiais de alto nivel, e tamén competicións deportivas oficiais e non oficiais, de todos os ámbitos territoriais.

Publicacións Relacionadas