HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado ata Rodeiro unha nova xornada do programa...

A Deputación leva este sábado ata Rodeiro unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir

- Anuncio -spot_img

Trátase da sexta das xornadas da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama e Baiona, e chegará este sábado ao CPI de Rodeiro a partir das 16:30 horas

Ademais de Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona e Rodeiro, +Convivir chegará este ano a Gondomar, Pontevedra, Ribadumia, Bueu, Oia, Barro e Tui

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 27 de setembro ata Rodeiro unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir. Trátase da sexta actividade da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou este ano por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama e Baiona, e chegará esta semana ao CPI de Rodeiro a partir das 16:30 horas, coa presenza do presidente da Deputación, Luis López, e o deputado de Acción Comunitaria Javier Tourís.

A actividade prevé sumar a centos de persoas que gozarán dunha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxes. Neste eido, haberá sesións formativas de risoterapia, así como obradoiros relacionados coa nutrición e unha sesión de baile. Ademais, a actividade completarase con música e cun refrixerio para as persoas asistentes.

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. Ademais de Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona e agora Rodeiro, o programa chegará este ano a Gondomar, Pontevedra, Ribadumia, Bueu, Oia, Barro e Tui. O pasado ano, foron case 4.000 as persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución ao longo da xeografía provincial.

Publicacións Relacionadas