HomeA CoruñaA alcaldesa recibe en María Pita á presidenta do Consello de Estado,...

A alcaldesa recibe en María Pita á presidenta do Consello de Estado, Carmen Calvo

- Anuncio -spot_img

Inés Rey: “É unha honra recibir hoxe á presidenta do Consello de Estado polo papel que desempeña na defensa da igualdade e na defensa do feminismo que non é outra cousa que defender a democracia”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita á presidenta do Consello de Estado, Carmen Calvo, quen asinou no Libro de Ouro da cidade. Calvo preside o órgano consultivo do Goberno, garante do cumprimento da Constitución e do correcto funcionamento da Administración Pública.

Rey sinalou que é “unha honra recibir hoxe á presidenta do Consello de Estado polo papel que desempeña na defensa da igualdade e na defensa do feminismo que non é outra cousa que defender a democracia”. Estiveron acompañadas do ex alcalde e membro do Concello do Estado, Javier Losada.

A alcaldesa lembrou tamén a ampla traxectoria política de Carmen Calvo, como vicepresidenta primeira do Goberno ou ministra de Cultura e subliñou “que é un referente para moitas mulleres españolas polo seu activismo e a súa implicación” e que “precisamos de moitas referentes como Carmen”.

Carmen Calvo explicou que o ano que vén o Consello de Estado cumplirá 500 anos: “somos el Consejo de Estado más antiguo del mundo, el órgano más veterano de este país”. Así mesmo, lembrou o papel decisivo do Ministerio de Cultura para a consecución da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade: “En aquellos momentos yo como ministra tenía la competencia de llevar a la UNESCO las candidaturas Españolas. Había muchos territorios compitiendo y sin embargo para mí era claro”.

Publicacións Relacionadas